RESULTADOS "II ENCUENTRO MASTER DE REMO TUI 2012"



Regata Feminina

O pasado sábado tivo lugar no Rio Miño o II Encontro Master Internacional de Remo en categoría veterano 8 con temoneiro con éxito de participación.
A proba comezou ás 18.00h coa regata 8 con temoneiro feminina. É a primeira vez que se realiza unha proba exclusiva con participación feminina en total 2 embarcacións.
O resultado foi:
1º Equipo Hispanoluso formado por remeiras do Equipo Ferroviarios do Barreiro Lisboa, Setubal, Asociación naval de Lisboa e Club Remo Tui.
2º Equipo feminino do Club Ginasio Figueirense de Portugal.
A segunda regata ás 18:20h foi a final 8 con temoneiro masculina categoría A cuxa idade comprendía de 30 a 40 anos de idade. Nesta categoría cun final intenso e moi rifado decantar para os participantes locais, quedando a clasificación da seguinte maneira:
1º Equipo independente de Tui. Formado por antigos remeiros de tui e remeiros do Club Remo Tui.
2º  Equipo  VRL Viana Remadores de Lima de Portugal.
3º Equipo Mixto Hispanoluso.  Formado por remeiros de Setúbal Portugal, do Club Remo Tui, do Club de Remo Perillo, do Club Viana Remadores de Lima de Portugal.
A terceira regata ás 19:45h era a correspondente á categoría 8 con temoneiro masculina categoría B, os mais veteranos da categoría con idades medias por tripulación entre os 42 e 51 anos. O resultado nesta proba foi o seguinte:
1º Equipo Clasificado o Club Remo Ferroviarios de Barreiro Lisboa.
2º Equipo Clasificado foi o Club Remo Tui con remeiros do Club Nautico de Vigo
3º Equipo Clasificado foi o equipo masculino do Club Ginasio  Figueirense d Portugal.
Regata final mixta

Por último e de forma extraordinaria realizouse unha regata mixta onde as 4 embarcacións participantes estaban formadas por tripulacións masculinas e femininas dos distintos clubs participantes.
            O resultado foi unha xornada moi vistosa nas regatas, e de convivencia deportiva entre os remeiros.
O acto concluíu coa entrega de trofeos conmemorativos por parte do alcalde de Tui Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes Nicolás Lorenzo e o  presidente do Club Remo Tui, Francisco Javier Álvarez.

FOTOS
https://picasaweb.google.com/102967905062267391468/MASTER2012?authkey=Gv1sRgCIi8zN_EnvS3Pg